Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 15 de novembro de 1995 Páx. 8.361

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 292/1995, do 3 de novembro, polo que se modifica o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio.

Polo Decreto 209/1990, de 15 de marzo, fíxase a estructura orgánica e fundamental da Consellería de Industria e Comercio ata o nivel de xefatura de servicio.

A experiencia acumulada desde a súa entrada en vigor e o dinamismo no exercicio das actividades que en materia de industria, enerxía e minas ten atribuidas a Dirección Xeral de Industria fai imprescindible o cambio de denominación daquelas unidades administrativas que, dentro da súa organización, as veñen desenvolvendo co fin de que se adecúe o contido das súas funcións ás súas denominacións.

Así mesmo faise necesaria a creación da Dirección Xeral de Industrica dunha unidade administrativa que, especificamente no ámbito industrial e con categoría de servicio, se ocupe da planifiación, coordinación e control en materia de medio ambiente.

Por outra banda, a recente publicación e entrada en vigor do Decreto 199/1995, do 10 de maio, que crea o Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma, fai necesario que el mesmo se acolla dentro da estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio.

Por todo o ata aquí exposto, por proposta da Consellería de Industria e Comercio e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1993, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e do seu presidente, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de novembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O apartado tres do artigo 5 do Decreto 109/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, queda redactado como segue:

Tres.-Para desenvolve-las súas funcións, a Dirección Xeral de Industria estructúrase nas seguintes unidades:

1.-Subdirección Xeral de Industria e Medio Ambiente.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a elaboración de normas, o desenvolvemento e coordinación das funcións que corresponden á dirección xeral en materia de seguridade dos establecementos e inta

lacións industriais e vehículos de motor; a coordinación e o seguimento das entidades de inspeccións e control na aplicación dos regulamentos industriais, a aplicación e o desenvolvemento normativo de regulamentos técnicos; así como a elaboración de normas que desenvolvan a lexislación de protección de medio ambiente industrial e controla-los focos contaminantes de orixe industrial e propoñe-las medidas de corrección adecuadas. Propoñer e xestionar axudas para o fomento de medio ambiente.

Contará coas seguintes unidades:

1.1. Servicio de Xestión Industrial.

1.2. Servicio de Medio Ambiente.

2.-Subdirección Xeral de Fomento Empresarial e Tecnoloxía Industrial.

Correspóndelle a esta subdirección o fomento e regulación do sector artesanal, a programación e desenvolvemento de programas de formación empresarial, actuacións en materia de innovación tecnolóxica, creación de sistemas e mecanismos de apoio para a implantación de departamentos de investigación e desenvolvemento (I+D) nas empresas, organización industrial, normalización e homologación (N+H).

Colaboración co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e Instituto da Mediana e Pequena Industria (IMPI) en materias de tecnoloxía e asistencia empresarial.

Así mesmo, proposta de modos de participación de centros, entidades e institucións en materia de investigación tecnolóxica, programación e coordinación de actuacións en materia de fomento industrial, plans de reestructuración sectorial, accións concertadas e de reconversión, avaliación de proxectos industriais, así como orientar e propicia-la fusión ou agrupación de empresas, sen prexuízo das competencias que lles poidan corresponder a outros órganos da Comunidade Autónoma.

Contará coas seguintes unidades:

2.1. Servicio de Programas Sectoriais.

2.2. Servicio de Planificaión Horizontal.

3.-Subdirección Xeral de Enerxía e Minas.

Correspóndelle a esta subdirección xeral a elaboración de normas, o desenvolvemento e coordinación das funcións que corresponden á dirección xeral en materia de réxime enerxético, autorizancións e concesións para a producción, transporte, transformación e distribución de enerxía eléctrica e gas, calefacción e climatización, electrificación, aforro e diversificación enerxética, fomento das enerxías renovables.

Tamén lle corresponde a elaboración de normas que desenvolvan a lexislación mineira, de seguridade mineira e de protección do medio ambiente mineiro, así como propoñer e xestionar axudas para o fomento da minería e impulsa-la creación e xestionar unha infraestructura de apoio industrial e mineiro.

Contará coas seguintes unidades:

3.1. Servicio de Xestión Enerxética.

3.2. Servicio de Xestión Xeolóxico-mineira.

4.-Laboratorio de Galicia.

Estes desenvolverán funcións de apoio á industria mineira e mellora do medio ambiente.

Son os seguintes:

4.1. Laboratorio de Medio Ambiente, con sede na Coruña.

4.2. Laboratorio Mineralúrxico, con sede na Coruña.

4.3. Laboratorio de Metais Preciosos, con sede na Coruña.

4.4. Laboratorio de Lousas, con sede en Sobradelo de Valdeorras.

4.5. Laboratorio de Granitos, con sede no Porriño.

4.6. Laboratorio de Metroloxía, con sede en San Cibrao das Viñas.

Para que no desenvolvemento das súas funcións estas se desenrolen da forma máis racional e coordinada, contará coa seguinte unidade:

Director-coordinador de Laboratorios de Galicia.

Artigo 2º

No apartado 2, nº 1, do artigo 4º do mencionado Decreto 109/1990, do 15 de marzo, engádese un novo subapartado 1.2. onde constará a seguinte nova unidade:

Servicio do rexistro xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma.

Disposición derraderia

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Fernández García

Conselleiro de Industria e Comercio

7377