Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

BASES para a provisión, mediante concurso, de tres prazas de operarios laborais fixos.

1.-Obxecto da convocatoria.

1.1.-Constitúe o obxecto da convocatoria a provisión fixa en réxime de dereito laboral, polo sistema de concurso, de tres prazas de operarios, incluídas na oferta pública de emprego do ano 1995 do Concello de Sarria.

1.2.-O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso, segundo o baremo que figura no anexo I desta convocatoria.

2.-Lexislación aplicable.

O presente concurso rexerase polo establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril; Real decreto 781/1986, do 18 de abril; Lei 30/1984, do 2 de agosto; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño; Real decreto 364/1995, do 10 de marzo; Real decreto lexislativo 1/1995, do 2 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto de traballadores, acordo básico muncipal para o persoal do Concello de Sarria, aprobado polo Concello Pleno, en sesión do 31 de outubro de 1991, e demais disposicións que resulten de aplicación.

3.-Características das prazas.

O cometido funcional das prazas é o exercicio propio delas, de acordo coa titulación esixida e concretamente aquelas como: conservación, reparación e mantemento das dependencias municipais, do servicio de iluminación pública, rede de sumidoiros, limpeza, instalacións deportivas municipais, así como aqueloutras que determine en cada momento o propio concello.

4.-Requisitos dos candidatos.

O que desexe tomar parte nesta convocatoria deberá reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español, ou cidadán membro dun estado da Comunidade Europea, nos termos da lei 17/1993, de 23 de decembro.

b) Ter capacidade de obrar conforme o disposto no Código Civil.

c) Ter cumplidos 18 anos de idade e non exceder daquela en que falten menos de 10 anos para a xubilación forzosa por idade, sen prexuízo da compensación dos servicios prestados anteriormente, se así se acreditase.

d) Estar en posesión do certificado de escolaridade, dun título equivalente ou superior, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das correspondentes funcións.

f) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio ó Estado, comunidades autónomas ou entidades locais, nin acharse inhabilitado para o servicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriormente relacionados deberán posuílos os aspirantes no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias, e deberán manterse estas durante todo o preceso selectivo ata o momento da formalización do contrato.

Quen obteña praza obxecto desta convocatoria estará suxeito ó réxime de incompatibilidades que determinen as disposicións vixentes.

5.-Solicitudes.

5.1.-Os que desexen tomar parte no concurso deberán presentar-la súa solicitude en modelo oficial que se lles facilitará na oficina rexistro deste concello.

5.2.-Para ser admitido ó concurso bastará con que os aspirantes manifesten na súa solicitude de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base 4ª, referidas sempre á data de expiración do prazo de presentación de instancias.

A autoridade convocante, por si ou por proposta do presidente do tribunal, deberá dar conta ós órganos competentes das inexactitudes ou fasidades en que puidesen incorre-los aspirantes, para os efectos procedentes.

5.3.-As instancias irán dirixidas ó alcalde presidente e irán acompañadas do xustificante acreditativo

de que se ingresaron na depositaría municipal os dereitos de exame, así como dos documentos xustificativos dos méritos alegados conforme o baremo establecido no anexo I das presentes bases.

A falta de acreditación dos méritos alegados determinará a súa imposibilidade de valoración.

5.4.-Dereitos de exame:

Os solicitantes, para poderen participar no correspondente proceso selectivo, deberán ingresar na depositaría municipal deste concello a cantidade de 2.000 pesetas, en concepto de dereito de exame.

5.5.-Lugar de presentación:

As solicitudes presentaranse na oficina de rexistro deste concello. Tamén poderán presentarse as instancias e aboa-los dereitos de exame na forma prevista no Art. 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.6.-Prazo de presentación:

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

6.-Lista de admitidos e excluídos:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde dictará resolución, no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, cos nomes, apelidos e número do DNI. A mencionada resolución publicarase no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, indicando as causas de exclusión, e concedéndose un prazo de dez días hábiles para efectos de reclamacións ou solicita-la rectificación de erros que se puidesen producir; entenderase a lista elevada a definitiva no caso de que non se producisen reclamacións no prazo indicado.

7.-Comezo de desenvolvemento do concurso.

Cunha antelación de alomenos 15 días, plublicarase no taboleiro de edictos da corporación e no BOP a relación definitiva de concursantes, a composición do tribunal e lugar, día e hora en que se procederá á cualificación dos méritos.

8.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará constituído da seguinte forma:

-Presidente: o da corporación ou menbro dela en quen delegue.

-Vocais:

Concelleiro delegado de obras.

Un representante da Comunidade Autónoma.

Un representante do personal do concello, de titulación igual ou superior á esixida para as prazas obxecto desta convocatoria, designado por proposta dos delegados de persoal.

-O secretario do concello, quen así mesmo actuará como secretario do tribunal.

Para cadanseu membro do tribunal designarase un suplente.

A totalidade dos membros deberán posuír un nivel de titulación igual ou superior á esixida para ocupa-las prazas obxecto da convocatoria.

Os membros de tribunal deberanse abster de formar parte del e intervir cando concorra algunha das causas previstas nos artigos 28 da Lei 30/1992, e poderán ser recusados baseándose nos mesmos motivos e de conformidade co procedemento previsto no artigo 29 da mesma lei.

O tribunal non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

Os membros do tribunal terán dereito ó abonamento das indemnizacións pola asistencia como membros del, de conformidade co previsto no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, e demais normativas de actualización das contías que se establecen no anexo IV do citado decreto.

A resolución do tribunal vincula á Administración, sen prexuízo de que esta, se e o caso, poida proceder á súa revisión, conforme o previsto nos artigos 102 e seguintes la Lei de réxime xurídico das administracións públicas de do procedemento administrativo común.

Contra as resolucións e actos do tribunal, e os de trámite que impidan continua-lo procedemento ou produzan indefensión, poderá interpoñerse recurso ordinario ante o alcalde presidente do concello.

O nomeamento das persoas que integrarán o tribunal cualificador realizarase por resolución da alcaldía.

9.-Cualificación de méritos.

No lugar, día e hora sinalados, o tribunal cualificará ós concursantes en función dos méritos alegados, e debidamente xustificados polos aspirantes e formará a relación en función das puntuacións totais obtidas por cada concursante.

Os méritos non xustificados non serán valorados.

O resultado farase público o mesmo día en que se acorde e será exposto no taboleiro de edictos da corporación.

10.-Lista de aprobados e proposta do tribunal cualificador.

Una vez rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal fará pública a relación de aprobados, por orde de puntuación, cun número que non poderá exceder, en ningún caso, ó de prazas convocadas.

A orde de colocación dos aspirantes, na lista de aprobados, establecerase de maior a menor puntuación. Os casos de empate resolveranse atendendo á maior idade dos aspirantes.

O tribunal, concluída a cualificación e formada a relación de aprobado, elevará á alcaldía, proposta dos candidatos para a formalización dos contratos, que

en ningún caso poderá exceder do número de prazas convocadas.

Ó propio tempo remitirá, á dita autoridade, a acta da sesión.

11.-Presentación de documentos.

11.1.-Xustificación dos requisitos:

Con carácter previo á formalización do contrato, os aspirantes seleccionados deberán presentar na oficina rexistro deste concello os documentos seguintes acreditativos de que reúnen os requisitos esixidos na convocatoria:

a) Fotocopia do DNI, que deberá presentarse acompañado do orixinal para a súa compulsa.

b) Copia autenticada ou fotocopia, que deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa, do título académico esixido na presente convocatoria, ou certificación académica dos estudios realizados e xustificante de ter aboados os dereitos para a súa expedición.

c) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño do posto de traballo de que se trata, que haberá de ser expedido polos servicios médicos da delegación provincial da Consellería de Sanidade.

d) Certificado de antecedentes penais.

e) Declaración xurada de non ter sido separado do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado no exercicio da función pública por sentencia firme.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustificaren as condicións e requisitos xa acreditados para obteren o seu anterior nomeamento, debendo prestar unicamente certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal.

O prazo de presentación dos anteriores documentos será de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación de seleccionados no taboleiro de anuncios do concello.

Dentro do prazo indicado, e agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación esixida, ou dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións e sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación.

12.-Adquisición da condición de persoal fixo.

O alcalde do Consello de Sarria formalizará os contratos cos aspirantes que, incluídos na proposta de candidatos proposta polo tribunal, presentasen a documentación esixida na convocatoria. Ata que se formalicen estes e se incorporen ós postos de traballo correspondentes, os aspirantes non terán dereito a percepción económica ningunha.

Os contratos terán o carácter de indefinidos, co período de proba correspondentes. Transcorrido o devandito período de proba, o persoal que o supere satisfactoriamente adquirirá a condición de persoal laboral fixo.

ANEXO I

Baremo para o concurso de méritos.

1.-Por cada ano de servicios efectivamente prestados neste concello e nos seus organismos autónomos, ata a data de remate da presentación de instancias, nas funcións propias ou semellantes ás prazas que se convocan: 0,60 puntos por ano completo; valoraranse as fraccións inferiores ó ano en 0,05 puntos por mes, sen que o total poida exceder, en todo caso de 3 puntos.

2.-Por cada ano de servicios prestados na empresa privada ou outra Administración pública: 0,50 puntos por ano completo; valoraranse as fraccións inferiores ó ano en 0,04 puntos por mes, sen que o total poida exceder, en todo caso, de 2 puntos.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

3.-Pola posesión do permiso de conducir da clase C1 ou superior: 2 puntos.

4.-Pola posesión de titulacións académicas diferentes á esixida para a convocatoria e que se consideren relevantes para a praza á que se opta, que valorará o tribunal: ata un máximo de 1,5 puntos.

5.-Cursos, xornadas e actividades desenvolvidas en colaboración con organismos oficiais e que posúan relación coas funcións que se van desenvolver: 0,75 puntos por cada un, ata un máximo de 1,5 puntos.

Os méritos a que se fai referencia neste baremo deberán posuírse na data en que remata o prazo de presentación de instancias, e computaranse, en calquera caso, ata dita data.

Os ditos méritos acreditaranos os interesados mediante certificacións, copias autenticadas da titulación ou calquera outro documento que probe fidedignamiente a súa posesión.

Sarria, 26 de setembro de 1995.

O alcalde

Rubricado