Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno do Concello en sesión extraordinaria o día 8 de xuño de 1995 o proxecto de instalación e prego de condicións para contrata-la obra mediante concurso do matadoiro e sala de despezamento, en cumprimento do establecido no artigo 122.1º do Real decreto legislativo 781/1986, do 18 de abril, exponse ó público durante o prazo de oito días.

Así mesmo anúnciase convocatoria pública para a contratación aínda que esta se suspenderá cando resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Prego tipo de condicions xurídicas e económico-administrativas que rexerán a contratación de obras por concurso do matadoiro e sala de despezamento.

1) Obxecto do contrato.

A execución das obras comprendidas nos proxectos redactados, ben polo persoal do concello, ou ben por calquera outro técnico, cando se trate de obras que haxan de ser financiadas total ou parcialmente polo concello, ou que teñan un orzamento de execución por contrata que se encontre comprendido fóra dos lindeiros establecidos para a contratación directa, e con suxeición á memoria, planos, medicións, cadros de prezos e pregos de prescricións técnicas.

O conxunto de documentos que compoñan o proxecto considérase que forma parte integrante deste prego, que en consecuencia, terá carácter contractual de conformidade co artigo 82.1º do Regulamento xeral de contratación do Estado.

2) Orzamento do contrato.

O importe do seu orzamento e dos prezos unitarios, que rexerán durante a execución das obras, serán os do proxecto aprobado, e aplicaráselle o coeficiente de adxudicación resultante.

De conformidade co establecido no artigo 68 do RXCE -segundo a redacción dada polo Real decreto 982/1987, do 5 de xuño- , o orzamento de execución por contrata obterase incrementando o de execución material nos seguintes conceptos:

1.a) O 13 por 100, en concepto de gastos xerais da empresa, gastos financeiros, cargas fiscais (IVE incluído), taxas da Administración legalmente establecidas, que incidan sobre o custo das obras, e demais derivados das obrigas do contrato.

1.b) O 6 por 100, en concepto de beneficio industrial.

2) O IVE, ó tipo que corresponda, que grava a execución da obra e que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material e dos gastos xerais de estructura descritos nos anteriores apartados a) e b), ou sexa, segundo a seguinte fórmula:

Cota do IVE = (Tipo de gravame x (P.E.M. + 0,13 P.E.M. + 0,06 P.E.M.)) / 100

3) Tipo de licitación.

Sinálase como máximo o importe do proxecto que ascende a 106.882.285 ptas.

Entenderase que os contratistas, ó formularen as propostas económicas, incluíron dentro delas o importe do imposto sobre o valor engadido, polo que as ofertas comprenden non só o prezo do contrato, senón tamén o importe do dito imposto, que non obstante deberá ser repercutido como partida independente cando así proceda, nos documentos que se presenten para o cobro, sen que o importe global contratado experi

mente incremento como consecuencia da consignación do tributo repercutido.

4) Revisión de prezos.

O contrato entenderase realizado a risco e ventura por parte do contratista, e polo tanto, non estará suxeito a revisión de prezos.

5) Duración do contrato.

As obras deberán ser executadas e entregadas provisionalmente dentro do prazo previsto no cadro de características do contrato, contado a partir da sinatura da acta de comprobación do replanteo, non obstante, se se producise un atraso na execución das obras por motivos non imputables ó contratista, e este se ofrece a cumpri-lo seu compromiso se se lle dá unha prórroga do tempo que se designara, o órgano contratante poderá concederlla de acordo co disposto no artigo 140 do RXCE.

6) Constitución de fianzas.

6.1.-Fianza provisional: virá dada polo importe do 2 por 100 do orzamento de licitación e presentarase xunto coa documentación e por separado.

6.2.-Fianza definitiva: o adxudicatario virá obrigado a constituír unha fianza, en calquera das modalidades que prevexa a lexislación en cada momento aplicable, e antes da sinatura do documento que formalice a contratación, calculada ó tipo do 4 por 100 sobre o prezo da adxudicación.

6.3.-Fianza complementaria: esixirase cando así o acorde o órgano de contratación conforme o establecido no Art. 354 do RXCE e Art. 82.5º do RCCL, constituirase no mesmo prazo cá definitiva e será devolta tal como sinala o Art. 82.6º do RCCL.

As fianzas depositaranse na caixa municipal e poderanse constituír nas formas e de acordo co disposto no Art. 113.7º do R.D.L. 781/1986, de 18 de abril, e deberase utilizar preferentemente a forma de aval bancario.

7) Capacidade para concorrer.

Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, que se atopen en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, e non estean comprendidas en ningún dos casos de excepción sinalados nos artigos 4 e 5 do RCCL, no artigo 9 da Lei de contratación do estado ou noutra disposición aplicable. Así mesmo, poderán facelo por si ou representadas por persoa autorizada, mediante poder bastante. Cando en representación dunha sociedade concorra algún membro dela, deberá xustificar documentalmente que está facultado para iso. Tanto nun coma noutro caso, ó representante aféctanlle as causas de incapacidade e incompatibilidade establecidas na lexislación vixente.

Os poderes e documentos acreditativos da personalidade acompañarán a proposición bastanteados.

O contrato outorgarase a unha soa persoa ou entidade. Non obstante, poderá concertarse con dúas ou máis persoas se se obrigasen solidariamente respecto

ó concello, e serían neste caso os seus dereitos, en todo caso, indivisibles fronte a elas.

8) Lugar e prazo de presentación de proposicións.

As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse, en sobre pechado, conforme o modelo que se inclúe como anexo, no rexistro xeral de entrada deste concello, dentro do prazo de 20 días contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia ou BOP.

9) Documentación.

9.1. Sobre A, subtitulado oferta económica:

Definido no anexo III, conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que figura como anexo II deste prego. Así mesmo, como as melloras propostas alternativas ou contraprestacións en atención á natureza do sistema de selección.

9.2. Sobre B, subtitulado documentación:

Figura no anexo III deste prego e conterá a seguinte documentación.

a) Empresario individual: fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa e fotocopia do CIF.

b) Persoas xurídicas: escritura de constitución ou modificación se é o caso, inscrita no rexistro mercantil.

c) Cando o licitador non actúe en nome propio ou se trate de sociedade ou persoa xurídica deberá acompañarse poder notarial para representa-la persoa ou entidade en nome de quen concorre ante o concello contratante, que será previamente bastanteado.

d) Declaración expresa de que o contratista ou empresa interesada non se atopa incurso en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas no artigo 9 da Lei de contratos do Estado na redacción dada polo Art. da Lei 9/1991, do 22 de marzo e Regulamento de contratación das corporacións locais.

e) Certificación ou recibo acreditativo do pagamento do IAE correspondente á actividade concreta sobre a que se ofrece.

f) Certificación ou documento acreditativo de que o contratista está ó corrente no pagamento da Seguridade Social.

g) Certificado de clasificación empresarial: Cando o contrato exceda da cantidade establecida no artigo 98 da LCE e Art. 284 do RXCE, o contratista deberá incluí-lo certificado de clasificación empresarial, expedido polo rexistro oficial de contratistas do Ministerio de Industria, que acredite ter obtida a correspondente clasificación no grupo ou subgrupo que se especifiquen no proxecto.

Non obstante, para as empresas estranxeiras de estados membros da Comunidade Económica Europea que non estean clasificadas será suficiente que acrediten ante o órgano de contratación a súa capacidade financeira, económica e técnica, achegando como xusti

ficante toda a documentación esixida nos artigos 287 bis e 287 ter do RXCE.

h) Documento de cualificación empresarial, expedido pola correspondente delegación de Industria e Enerxía do 3 de agosto de 1979, que desenvolve o Decreto 3008/1978, do 27 de outubro.

i) Non se admitirán proposicións presentadas por correo que cheguen fóra de prazo.

Serán obrigatorios na apertura de plicas os documentos que acrediten a personalidade do contratista e que se describen como a, b, xunto co resgardo acreditativo de constitución de fianza provisional cando esta se esixa.

10) Apertura de plicas e adxudicación.

A apertura celebrarase no salón de sesións da Casa do Concello, ás doce horas do 5º día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das propostas. Se rematase o prazo en sábado, concluirá o prazo o día hábil seguinte.

Á vista dos informes emitidos, se é o caso, o órgano municipal competente segundo a distribución de competencias efectuará a adxudicación, e non estará obrigado a realizala en favor do mellor poxador, se apreciase maiores vantaxes en oferta menos económica. Tamén poderá declarar deserta a contratación se na súa apreciación libre e discrecional considerase que ningunha das proposicións presentadas resulta conveniente para o interese público, sen que poida presentarse reclamación algunha por parte dos licitadores.

A adxudicación seralle notificada ó adxudicatario para que, dentro dos 10 días hábiles seguintes á data en que reciba a notificación, presente na unidade de contratación o documento que acredite ter constituída a fianza definitiva e, se é o caso, complementaria, e recibo de pagamento de anuncios, se os houber.

Na valoración das proposicións teranse en conta os seguintes factores: solvencia económica, financeira e técnica, mellora no tipo de licitación e mellora no prazo de execución.

11) Efectos e gastos.

A adxudicación será notificada ó adxudicatario para que, dentro dos 10 días hábiles seguintes á data en que reciba a notificación presente no concello o documento que acredite ter constituída a fianza definitiva e se é caso complementaria, e recibo de pagamento de anuncios, se os houber.

En xeral, a obriga do pagamento de gastos, por parte do adxudicatario, comprende tódolos que se ocasionen con motivo dos trámites de iniciación, preparación e formalización do contrato e expediente administrativo correspondente, incluídos gastos de anuncios segundo o artigo 47 do RCCL.

Serán por conta do contratista os gastos de honorarios de dirección do técnico designado polo concello.

Así mesmo, serán por conta do contratista tódolos gastos orixinados por tributos e prezos públicos que pesen sobre o contrato e, se é o caso, sobre o obxecto

deste, así como a obte-la licencia de obras con aboamento dos tributos ou prezos públicos correspondentes.

O contrato entenderase aceptado a risco e ventura, de acordo co artigo 57 do citado regulamento.

En caso de que o adxudicatario estea domiciliado no termo municipal deberá estar en posesión da correspondente licencia municipal de apertura.

12) Execución do contrato e as súas incidencias.

12.1.-Acta de comprobación e replanteo: dentro do mes seguinte á formalización, efectuarase a comprobación do replanteo, na data que a Administración sinale, quedará obrigado o contratista, logo de notificación, a acudir a el e subscribi-la correspondente acta, de conformidade co artigo 127 do RXCE.

12.2.-Comezo das obras: o contratista deberá inicia-las obras dentro dos quince días seguintes ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

12.3.-Programa de traballo: dentro do mes seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, o contratista presentará o programa de traballo ó que se refire no artigo 128 do RXCE.

12.4.-Desenvolvemento dos traballos: o contratista deberá executa-las obras con materiais e medios de primeira calidade e nas condicións esixidas no proxecto aprobado e toda a documentación que o integra, así como de conformidade coas normas xerais e particulares de índole técnica, estatal ou autonómica, e deberá así mesmo utiliza-los elementos persoais e auxiliares máis cualificados nas condicións esixidas pola boa práctica da construcción.

12.5.-Recepción e recusación de materiais: o contratista só pode emprega-los materiais na obra logo de exame e aceptación polo técnico-director, nos termos e fórmulas que este sinale, para o correcto cumprimento das condicións convidas. Se o técnico-director non aceptase os materiais sometidos ó seu exame, deberá comunicarllo por escrito ó contratista, sinalando as causas que motiven tal decisión.

12.6.-Obras defectuosas ou mal executadas: ata que teña lugar a recepción definitiva, o contratista responderá da execución da obra contratada e das faltas que nela houbese, sen que sexa eximente, nin lle dea dereito ningún, a circunstancia de que os representantes da Administración examinasen ou recoñecesen durante a súa construcción as partes e unidades da obra ou os materiais utilizados, nin que fosen incluídos estes e aqueles nas medicións e certificacións parciais.

12.7.-Demolición e reconstrucción das obras defectuosas ou mal executadas: se se advirten vicios ou defectos na construcción, ou se teñen fundadas razóns para crer que existen vicios ocultos na obra executada, o técnico director ordenará durante o curso da execución, e sempre antes da recepción definitiva, a demolición e reconstrucción das unidades de obra en que se dean aquelas circunstancias, ou as accións precisas para comproba-la existencia de tales defectos ocultos.

12.8.-Obxectos atopados nas obras: aplicaranse as normativas vixentes sobre a propiedade dos obxectos de arte, antigüidades, moedas, e, en xeral, obxectos de tódalas clases que se encontren nas escavacións e demolicións practicadas en terreos da Administración contratante ou expropiados para a execución da obra, sen prexuízo dos dereitos que legalmente corresponden a terceiros.

13) Dirección e inspección das obras.

Corresponderalle ó técnico-director destas, que dictará as instruccións e sinalará o ritmo de execución conveniente.

Non obstante, a presidencia da corporación poderá inspecciona-las obras cando o considere oportuno.

14) Dereitos e obrigas do contratista.

Entre outras previstas, nas disposicións de aplicación obrígase ó cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, por motivo da execución das obras a que este prego se refire, así como tamén ó cumprimento das normas sobre seguridade e hixiene no traballo.

O contratista estará obrigado a financia-los gastos de transporte de materiais ata o lugar sinalado e no prazo convido, e, se é o caso, os gastos de almacenaxe e depósito.

Serán por conta do contratista os gastos de construcción de toda clase de instalacións auxiliares ou provisionais necesarias para a execución das obras, así como os de alugueiro ou adquisición de terreos para depósito de maquinaria e materiais.

O contratista deberá responder da custodia e conservación dos materiais e instalacións sen que teña dereito a indemnización por causa de avaría, perdas ou danos nos bens, ata a súa recepción definitiva.

Serán tamén por conta do contratista as seguintes obrigas:

Os gastos de demolición de instalacións provisionais e auxiliares.

Os gastos de provisión, colocación e conservación de sinais de tráfico e demais recursos para proporcionar seguridade dentro e fóra da obra.

15) Control de calidade.

A dirección pode ordenar que se verifiquen os ensaios e análises de materiais e unidades de obra que en cada caso resulten pertinentes, e serán os gastos que se orixinen por conta do contratista ata un cómputo máximo do 1% do orzamento da obra.

O importe dos ditos gastos deberá ingresalo o contratista na caixa da corporación no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que se lle requira o seu aboamento e, se non o fixese, facúltase o concello para reterlle o importe en calquera das certificacións de obra ou no seu defecto sobre a fianza definitiva constituída polo contratista.

16) Responsabilidade.

Será por conta do contratista a derivada de tódolos danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas: pola súa persoa, pola súa maquinaria ou como consecuencia dos traballos realizados. Esta responsabilidade non se extinguirá ata que expire o prazo de garantía de obra.

Así mesmo responderá civilmente, e, se é o caso, plenamente, dos danos causados ó concello como consecuencia dos vicios ocultos das obras.

A cantidade en que se concreten tales danos poderá ser inmediatamente esixida pola vía de constrinximento administrativo.

17) Pagamento do prezo.

Efectuarase contra certificación de obra realmente executada, acompañada da relación valorada, expedida polo técnico-director da obra, e aprobada pola comisión de goberno.

18) Penalidades administrativas.

Cando lle sexan imputables ó contratista os retrasos ou demoras no cumprimento dos prazos establecidos para a execución do contrato, o presidente da corporación poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato con perda da fianza, ou pola imposición de penalidades administrativas. Así mesmo, terá esta mesma facultade respecto ó retraso no cumprimento de determinados prazos parciais.

A constitución en mora do contratista non requirirá intimación ou interpelación previa por parte da Administración.

As penalidades graduaranse con carácter xeral, en atención ó orzamento total ou parcial das obras, segundo que o prazo incumprido sexa o total ou un parcial dela de acordo coa seguinte escala:

Ata 500.000 ptas 2.000 ptas. diarias.

De 500.001 pts. ata 1.000.000 de ptas 3.000 ptas. diarias.

De 1.000.001 ptas. ata 5.000.000 de ptas 6.000 ptas. diarias.

De 5.000.001 ptas. ata 10.000.000 de ptas 10.000 ptas. diarias.

De 10.000.001 ptas. ata 25.000.000 de ptas 15.000 ptas. diarias.

De 25.000.001 ptas. ata 100.000.000 de ptas 30.000 ptas. diarias.

De 100.000.001 ptas. en adiante 50.000 ptas. diarias.

19) Modificacións de obras.

En ningún caso o técnico director das obras ou o adxudicatario poderán introducir ou executar modificacións nas obras comprendidas no contrato sen a debida aprobación técnica da modificación ou a aprobación económica do orzamento reformado resultante, se é o caso, como consecuencia dela. A mencionada aprobación corresponderalle ó órgano de contratación competente.

20) Causas de resolución.

Serán as previstas no artigo 52 da Lei de contratos do Estado e artigo 157 do seu regulamento.

Cando o contrato se resolva por causa imputable ó contratista, seralle embargada a fianza e ademais indemnizará a corporación por razón dos danos e perdas ocasionados.

21) Conclusión do contrato.

Recibidas provisionalmente as obras, procederase seguidamente á súa medición xeral e definitiva con asistencia do contratista ou do seu representante.

O director formulará a liquidación provisional aplicando o resultado da medición xeral ós prezos e condicións económicas do contrato de conformidade co disposto no artigo 172 RXCE.

21.1.-Prazo de garantía: o prazo de garantía terá unha duración dun ano contado desde a recepción provisional das obras.

Durante o prazo de garantía, o contratista estará obrigado á garda e conservación das obras, e será responsable dos danos intrínsecos que nela se produzan, que serán, se é o caso, por conta do contratista.

21.2.-Recepción e liquidación definitiva: dentro do mes seguinte ó cumprimento do prazo de garantía procederase á recepción definitiva das obras, cunha antelación de 45 días hábiles á data de terminación do prazo de liquidación definitiva e cumprido o contrato sen que houbese de esixirse responsabilidades, tramitarase a devolución da fianza, de conformidade co artigo 88 do RCCL.

22) Réxime xurídico do contrato.

O contrato correspondente a este prego ten carácter administrativo e ámbalas dúas partes quedan sometidas expresamente e de acordo co disposto no artigo 5-C da Lei 7/1985, á lexislación do Estado, e, se é o caso, nas comunidades autónomas nos termos do artigo 149-1 da Constitución, e en especial, ó Regulamento de contratación das corporacións locais, Lei e regulamento de contratos do estado, restantes normas do dereito administrativo e no seu defecto, ó dereito privado.

As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resoltos polo órgano contratante. Os ditos acordos poñerán fin á vía administrativa e contra eles haberá lugar ó recurso contencioso-administrativo conforme o disposto pola lei reguladora da dita xurisdicción.

ANEXO II

Modelo de proposición

Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., DNI nº..., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, en nome propio (ou en representación de...) solicita tomar parte na contratación por concurso convocado polo Concello das Pontes de García Rodríguez para execución das obras comprendidas no proxecto de... facendo constar:

1º.-Que ofrece o prezo de.... ptas. que significa unha baixa de... ptas. en relación co tipo de licitación.

2º.-Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3º.-Que acompaña nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En...., ... de... de 199..

O licitador, asinado

ANEXO III

Modelo de sobres

Sobre A: oferta económica

Proposición para tomar parte na contratación por concurso das obras de..., presentada por...

En...., ... de.... de 199..

Será asinado o reverso polo presentador e, contra entrega, poderase expedir recibo de certificación.

Sobre B: documentación.

Documentación para tomar parte na contratación por concurso das obras de... presentada por...

En..., ... de .... de 199...

Será asinado o reverso polo presentador e, contra entrega, poderase expedir recibo de certificación.

As Pontes de García Rodríguez, 24 de outubro de 1995.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde-presidente

7142