Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a adquisición dun mínimo de 125 terminais de radiomensaxería ou buscapersoas con destino a órganos xudiciais de Galicia e clínicas médico-forenses.

Obxecto do contrato: Compra dun mínimo de 125 terminais de radiomensaxería ou buscapersoas (baseado no RDS da Radio Galega) con destino a órganos xudiciais de Galicia e clínicas médico-forenses de

xeito que cos ditos terminais poderá recibirse unha mensaxe alfanumérica case instantaneamente en calquera punto de Galicia. Así mesmo, poderánse almacenar ditas mensaxes e envorcalas sobre un ordenador persoal ou unha impresora a través dun conector disposto a tal efecto.

Orzamento: 6.500.000 de pesetas, IVE incluído

Prazo de execución: 15 días a partir da adxudicación.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público, polo trámite de urxencia.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas e demais documentación complementaria estarán á disposición dos interesados na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 45 17.

Fianza provisional: 130.000 ptas.

Fianza definitiva: 260.000 ptas.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se lle xunta ó anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobres pechados, lacrados e asinados no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela, antes das catorce horas (14) do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3º planta, Santiago de Compostela, ás doce (12) horas do cuarto día natural contado desde o seguinte a aquel no que se remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento de anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1995.

P.D. (Orde do 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

95-7424