Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se anuncia a licitación para a contratación de consultoría e asistencia, polo sistema de procedemento aberto por concurso.

Obxecto: organización e montaxe dos stands institucionais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia nos seguintes certames feirais:

-Salón internacional da alimentación (alimentaria), Barcelona, España, do 4 ó 9 de marzo de 1996.

-European seafood exposition, Bruxelas, Bélxica, do 23 ó 25 de abril de 1996.

-Salón internacional da alimentación (Sial), París, Francia, do 20 ó 24 de outubro de 1996.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata as 48 horas seguintes á clausura do derradeiro certame.

Orzamento: sesenta millóns de pesetas (60.000.000 de ptas).

Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (Rúa Sar, nº 75, Santiago de Compostela), ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Fianza provisional: un millón duascentas mil pesetas (1.200.000 ptas.).

Modelo de proposición económica: axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do RXCE. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 18 decembro de 1995.

Apertura de proposicións: en acto público ás 10 horas do primeiro día hábil no que se cumpran dous días naturais, contados desde a data seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. Se esta coincidise en sábado, a apertura será ó día seguinte hábil.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario que deberá abonar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 14-12-1995)

Samuel Juárez Casado

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

7474