Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4397 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; r/ Sáenz Díez, 95 Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: L.M.T. Ponte Neira-Maceda.

Final: L.M.T. a Vilasante e C.T. Cerceda.

Situación do transformador:

Características: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, con postes de formigón e unha lonxitude de 1.785 metros. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25 mm Al, cunha lonxitude de 1.380 metros sobre postes de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Cerceda e Cela, no concello do Corgo.

Orzamento: 8.345.978 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 4 de outubro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7098