Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4394 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; r/ Sáenz Díez, 95 Ourense.

Finalidade: desvío instalacións eléctricas na estrada LU-232, Lugo-Friol-1ª fase.

Orixe da liña: apoio nº 1 da L.M.T. ó C.T. de Guldriz.

Final: apoio nº 2 da L.M.T.

Situación do transformador:

Características: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, con apoios de formigón ou metálicos, cunha lonxitude de 45 metros. Liñas de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para desvío de instalacións eléctricas na estrada LU-232 Lugo-Friol, tramo Lugo (N-640)-Friol (1ª fase), no concello de Friol.

Orzamento: 4.633.485 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 2 de outubro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7184