Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 outubro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a adquisición de 825 imprinters para o programa de tarxeta sanitaria (SCC 40/95).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: adquisición de 825 imprinters para o programa de tarxeta sanitaria (SCC 40/95).

Orzamento: 31.269.975 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 625.400 ptas.

1. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

2. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 30 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.

3. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

4. Solvencia económica e financeira: declaración relativa á cifra de negocios global e ás subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

5. Solvencia técnica:

a) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público e privado.

b) Mostras, descricións e fotografías dos productos que se van subministrar.

6. Criterios de adxudicación:

6. 1. Calidade dos aparellos e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

6.2. Prezo ofertado: ata 4 puntos.

6.3. Prazo de entrega: ata 2 puntos.

7. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

8. Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural a contar desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

95-7367