Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servicio de codificación de historias clínicas, (Expediente 19/1995).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das abribucións que lle foron delegadas conforme o disposto no artigo 7 da Orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso:

1.-Obxecto: codificación de historias clínicas de pacientes de alta dos servicios de obstetricia e pediatría (5.100 historias clínicas).

2.-Orzamento: 6.630.000 ptas, IVE incluído.

3.-Prazo de execución: 4 meses desde a notificación da adxudicación.

4.-Garantía provisional: 132.600 ptas.

5.-Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

6.-Solvencia económica e financeira: acreditarase conforme o establecido no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7.-Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no punto 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.-Criterios de adxudicación:

-Prazo de execución: ata 2 puntos.

-Calidade: ata 5 puntos.

-Prezo: ata 3 puntos.

9.-Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar na sección de contratación administrativa do Complexo Hospitalario Xeral Cíes, rúa Pizarro, 22, 3604 Vigo, en días laborables as 9 ata as 14 horas e no teléfono nº (986)81 60 28 e fax nº (986) 81 60 29.

10.-Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11.-Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas descritas no PCAP.

12.-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas de hospital xeral ás 10 horas do decimoprimeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo,

a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

13.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 18 de outubro de 1995.

Juan José Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

95-7368