Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, da explotación do servicio de cafetería-comedor e galería comercial. (Expediente 20/1995).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso:

1.-Obxecto: explotación da cafetería-comedor e galería comercial no Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, logo da execución das obras de remodelación do edificio no que se situarán.

2.-Orzamento previsto execución obras: 75.000.000 de ptas.

3.-Canon: 600.000 ptas anuais, cun período de carencia de 5 anos.

4.-Prazo de execución das obras: 7 meses desde a notificación da adxudicación.

5.-Garantía provisional: 1.500.000 ptas.

6.-Duración do contrato: 25 anos.

7.-Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

8.-Solvencia económica e financeira: acreditarase conforme o establecido no artigo 16.1 c) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9.-Solvencia técnica: acreditarase de acordo o establecido no artigo 18 a) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

10.-Criterios de adxudicación:

-Características funcionais: ata 2 puntos.

-Relación prezo/calidade: ata 4 puntos.

-Custo de utilización/rendibilidade: ata 4 puntos.

11.-Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar na Sección de Contratación Administrativa do Coplexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22 - 3604 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas e no teléfono nº 986-816028 e fax nº 986-816029.

12.-Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, deberán presentarse en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13.-Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas descritas no PCAP.

14.-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

15.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 18 de outubro de 1995.

Juan José Equiza Escudero

Director xerente do Complexo

Hospitalario Xeral-Cíes

7101