Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 5 dos estatutos do Sindicato Independiente de Reparaciones Navales-Sirena.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de sindicatos, e para os efectos previstos na mesma, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral presentouse o día 25 de outubro de 1995, acta do Primeiro Congreso Sindical celebrado o 15 de outubro de 1995, pola que se acorda por unanimidade, entre outros, a modificación do artigo 5 dos estatutos, referente ó traslado do domicilio da mencionada asociación.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

7100