Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Profesores y Técnicos Deportivos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente ser

vicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Profesional de Profesores y Técnicos Deportivos de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos profesores, técnicos, monitores, preparadores e docentes en xeral, que exerzan o seu labor profesional dentro do ámbito da educación física e deportiva.

Asinan a acta de constitución: Manuel Jesús Lema Ferro e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

7267