Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, para a contratación de servicios de limpeza na área de Servicios Sociais, nas residencias da terceira idade das Gándaras (Lugo), de Burela e de Monforte de Lemos, no Fogar da Terceira Idade (Lugo), no Centro Base de Minusválidos (Lugo) e nos centros de servicios sociais de Lugo e de Ribadeo.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, para a contratación dos servicios de limpeza que se indican:

- Área de Servicios Sociais de Lugo:

Orzamento do contrato: 1.482.810 ptas.

Garantía provisional: 29.656 ptas.

Clasificación: non se esixe.

- Residencia da Terceira Idade das Gándaras (Lugo):

Orzamento do contrato: 24.807.323 ptas.

Garantía provisional: 496.146 ptas.

Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría A

- Residencia da Terceira Idade de Burela:

Orzamento do contrato: 1.745.884 ptas.

Garantía provisional: 34.918 ptas.

Clasificación: non se esixe.

- Residencia da Terceira Idade de Monforte de Lemos:

Orzamento do contrato: 10.639.696 ptas.

Garantía provisional: 212.794 ptas.

Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría A

- Fogar da Terceira Idade (Lugo):

Orzamento do contrato: 4.984.473 ptas.

Garantía provisional: 99.689 ptas.

Clasificación: non se esixe.

- Centro Base de Minusválidos (Lugo):

Orzamento do contrato: 2.757.432 ptas.

Garantía provisional: 55.149 ptas.

Clasificación: non se esixe.

- Centro de Servicios Sociais de Lugo:

Orzamento do contrato: 3.526.960 ptas.

Garantía provisional: 70.539 ptas.

Clasificación: non se esixe.

- Centro de Servicios Sociais de Ribadeo:

Orzamento do contrato: 2.634.141 ptas.

Garantía provisional: 52.683 ptas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1996.

Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares. Presentarase independentemente para cada un dos servicios.

Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse no Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, rúa Montevideo nº 9, durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 10 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse no servicio de administración e xestión económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos servicios de xestión económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, en sobres pechados e en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó organo de contratación mediante telegrama ou telefax.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 11 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo. Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Lugo, 3 de novembro de 1995.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

7208