Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso da asistencia técnica consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e montes no X Salón Internacional do Club de Gourmets e outra máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-las seguintes licitacións polo sistema de concurso:

1º-Instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no X Salón Internacional do Club de Gourmets (Madrid).

Orzamento de licitación: vintetrés millóns de pesetas (23.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: catrocentas sesenta mil pesetas (460.000 ptas.).

Fianza definitiva: novecentas vinte mil pesetas (920.000 ptas).

Clasificación: grupo III, subgrupo 3 ou 8, categoria C.

2º-Deseño, maquetación, composición e edición de material informativo e publicitario sobre os productos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade.

Orzamento de licitación: dezaoito millóns de pesetas (18.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: trescentas sesenta mil pesetas (360.000 ptas.).

Fianza definitiva: setecentas vinte mil pesetas (720.000 ptas.).

Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), o en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 11 de decembro 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 13 de decembro de 1995, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

7388