Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 outubro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración da moblaxe de oficina para as dependencias da Dirección Provincial do Sergas na Coruña (SCC 39/95).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: moblaxe de oficina para as dependencias da Dirección Provincial do Sergas na Coruña (SCC 39/95).

Orzamento: 26.400.000 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 528.000 ptas.

1. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

2. Prazo de execución: primeira entrega, 15 días desde a notificación da adxudicación. As sucesivas entregas adaptaranse ó plan de traballo das obras de

reforma das dependencias da dirección provincial, ata un prazo máximo de oito meses.

3. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

4. Solvencia económica e financeira: declaración relativa á cifra de negocios global e ás subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

5. Solvencia técnica:

a) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público e privado.

b) Mostras, descricións e fotografías dos productos a subministrar.

6. Criterios de adxudicación:

6. 1. Deseño, calidade, condicións técnicas dos artigos e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

6.2. Prezo ofertado: ata 4 puntos.

6.3. Prazo de entrega: ata 2 puntos.

7. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas Direccións Provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

8. Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural a contar desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

95-7369