Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.307

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1995 pola que se declara deserta a praza 29/1994 pertencente ó corpo docente de profesores titulares de escola universitaria da área de coñecemento de enxeñería cartográfica, xeodésica e fotogrametría, do departamento de Deseño na Enxeñería.

Dado que a Comisión Xulgadora non formulou proposta de provisión.

Vistos os artigos 11 e 14 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro) polo que se regulan os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu:

Declarar finalizado o concurso e deserta a praza 29/1994 convocada por Resolución do 21 de decembro de 1994 (BOE do 19-1-1995) pertencente ó corpo docente de profesores titulares de escolas universitarias da área de coñecemento de enxeñería cartográfica, xeodésica e fotogrametría e adscrita ó departamento de Deseño na Enxeñería da Universidade de Vigo.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderán os interesados logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 26 de outubro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

95-7243