Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.307

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1995 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxía francesa, do departamento de Filoloxía Francesa, a Mª Isabel Bouza Álvarez.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 18 de xaneiro de 1995 (BOE do 8-2-1995), para a provisión dunha praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxía francesa, do departamento de Filoloxía Francesa da Universidade de Vigo, a prol de Mª Isabel Bouza Álvarez, DNI nº 33.142.585, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Isabel Bouza Álvarez catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxía francesa, do departamento de Filoloxía Francesa da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 26 de outubro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

95-7397