Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.307

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1995 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada, a Juan José Santamaría Conde.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 28 de outubro de 1994 (BOE do 14-11), para a provisión de unha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, a prol de Juan José Santamaría Conde, DNI nº 35.972.473, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan José Santamaría Conde profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 24 de outubro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

7241