Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a contratación de servicios técnicos para a impresión do libro Crenzas e tradicións dos pescadores galegos, británicos e bretóns.

Esta dirección xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anunciar a contratación do seguinte material:

Obxecto do contrato de servicios técnicos: impresión do libro Crenzas e tradicións dos pescadores galegos, británicos e bretóns para a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Orzamento de licitación: tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.).

Prazo de execución: dous meses.

O prego de cláusulas administrativas e o de prescricións técnicas estarán a disposición dos interesados no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos edificios administrativos de San Caetano, s/n en Santiago de Compostela e no Servicio de Extensión Pesqueira da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños-Santiago de Compostela.

As proposicións presentaranse no devandito rexistro ou na forma en que dispón o artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de dez (10) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola comisión de contratación o terceiro día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das ofertas, sempre e cando non coincida en sábado, que pasará

ó primeiro día hábil seguinte, na sala de xuntas da consellería ás 10 horas.

O presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1995.

Ana María Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación

7338