Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto para a realización do servicio de atención ó telefono do menor.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anunciar concurso público do servicio de atención ó teléfono do menor.

-Obxecto: realización do servicio de atención ó teléfono do menor.

-Orzamento: o prezo máximo fíxase en oito millóns oitocentas cincuenta mil (8.850.000) pesetas. IVE incluído.

-Prazo de execución: un (1) ano.

-Garantía provisional: 177.000 ptas.

-Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán a disposición dos interesados nos días e horas hábiles, no rexistro de xeral dos servicios centrais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas.

-Presentación de propostas: as proposicións presentaranse segundo apartado 7 do prego de cláusulas administrativas particulares antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Apertura de propostas: será realizada pola mesa de contratación ás ( 10 ) horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, se coincide en sábado pasará ó primeiro día hábil seguinte, na sala de xuntas da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

-Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

95-7155