Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a contratación de subministración dunha boia de sinalización para o vértice B do polígono de viveiros fluctuantes «B» de Sada.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a contratación da subministración dunha boia de sinalización para o vértice B do polígono de viveiros fluctuantes «B» de Sada polo procedemento aberto por concurso, cun orzamento máximo de catro millóns duascentas noventa e cinco mil pesetas (4.295.000 ptas.).

Prazo de execución: corenta e cinco (45) días.

Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas estarán a disposición dos interesados, en días e horas de oficina nos servicios centrais desta consellería, sita en San Caetano, 5 2º, Santiago de Compostela, así como nas súas delegacións territoriais.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral desta consellería, así como nos rexistros das súas delegacións territoriais. O prazo de admisión finalizará ás catorce (14) horas do primeiro día hábil no que se cumpran vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce (14) horas do seguinte día hábil. En caso de utilizar calquera

dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura no que se comunique a presentación da oferta.

A apertura de plicas terá lugar nas oficinas centrais desta consellería o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas as dez (10) horas, sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo, en que se pasará ó primeiro día hábil seguinte.

O presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1995.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

9507062