Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.248

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (163/1995).

Dolores Pernas Alonso, secretaria en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa.

Fai saber: que neste xulgado se segue expediente de dominio a pedimento de María Brocos Orjales, representada polo procurador Manuel García Boado, sobre os seguintes predios:

1º.-Labradío chamado Campo Camiño, de sesenta e catro áreas e trinta e dúas centiáreas. Linda: norte, María Brocos; sur, camiño; leste, Jesús Barcia e oeste, camiño.

2º.-Monte, chamado Sobre do Alto, de noventa e seis áreas e corenta e oito centiáreas. Linda: norte, Asunción Duro: sur, Jesús Vázquez; leste e oeste, camiños veciñais.

3º.-Monte, chamado Avieira, de corenta e dúas áreas e oitenta e oito centiáreas. Linda: norte, muro; sur, Antonio Barreiro; leste, Enrique Seoane e oeste, Juan Rey.

Todos eles están situados no sitio de Sabugueira, San Vicente de Burres ( Arzúa ).

Por providencia con data 20 de xullo de mil novecentos noventa e cinco, admitiuse a trámite a demanda, cumpridos os requisitos legais, e acordouse cita-las persoas hoxe ignoradas, ás que puidese prexudica-lo expediente de dominio, co fin de que, dentro dos dez días seguintes, poidan comparecer perante este xulgado para alega-lo que ó seu dereito conveña.

E para que lles sirva de emprazamento ás persoas en ignorado paradoiro ás que lles puidese prexudica-lo expediente de dominio, expido o presente edicto que asino en Arzúa, vintesete de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

6855