De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 24 de novembro de 1994 (BOE do 16 de decembro de 1994) para a provisión da praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Métodos e Técnicas de Investigación en Ciencias do Comportamento e da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Ana María Porto Castro, e cumprindo o/a interesado/a os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de
reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana María Porto Castro, profesora titular de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Métodos e Técnicas de Investigación en Ciencias do Comportamento e da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1995.
F. Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela
6853