Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.248

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e citación de remate (23/1995).

En virtude do acordado polo xulgado en resolución do día da data nos autos de xuízo executivo, número 23/1995, promovidos por Banco Simeón, S.A., contra Mª Luz Banzas González, Marcelo Omar Peña Teve e Mª Teresa Bouzas Veiga, sobre reclamación de 548.638 pesetas de principal máis 225.000 pesetas calculadas para xuros, custas e gastos; pola presente fáiselles saber ós debedores Mª Luz Banzas González e Marcelo Omar Peña Teve, que se atopan en ignorado paradoiro, que se citan de remate, e concedéselle-lo termo de nove días para que comparezan en autos e se opoñan á execución, se lles conviñese, e prevéñoos de que, de non verificalo, se seguirá o xuízo na súa rebeldía, e recaerán sobre eles os conseguintes prexuízos. Faise constar que se practicou o embargo sen o previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro, segundo dispón o artigo 1444 da Lei de axuízamento civil.

E para que sirva de cédula de notificación e citación de remate, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario

9507400