Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.245

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1995 pola que se anuncia a celebración dunha xornada de estudio sobre a reforma do Tratado de Mäastricht.

Co patrocinio da Fundación Galicia-Europa e a Escola Diplomática do Ministerio de Asuntos Exteriores, a Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Asociación Galega de Estudios Europeos, organiza unha xornada de estudio sobre a reforma do Tratado de Mäastricht, que terá lugar o próximo 1 de decembro no salón de actos da EGAP.

1. Obxecto.

A Conferencia intergobernamental para prepara-la reforma do Tratado de Mäastricht, que se realizará en 1996, supón un momento crucial para o futuro socioeconómico español. De aí a necesidade de dar a coñece-lo seu contido, por medio das persoas que participan activamente na citada conferencia e provocar así o debate en Galicia, informando deste xeito ó cidadán con máis precisión.

2. Contido.

Analizaranse principalmente estes temas:

-O significado do Tratado de Mäastricht na construcción europea. A súa situación actual de aplicación.

-Imperativos da reforma do tratado. Temas a discusión na Conferencia Intergobernamental de 1996. As posturas dos diferentes países.

-Significación do Tratado de Mäastricht para España. Posición ante as formulacións da próxima Conferencia Intergobernamental.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas, e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento e duración.

A xornada abrirase o venres, día 1 de decembro, ás 10 horas, e rematará, ás 18.30 h. dese mesmo día.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o luns, día 27 de novembro de 1995.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4 - 15703, Santiago de Compostela). Tfno. 57 08 00. Telefax nº 57 15 40.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

A partir do 28 de novembro, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono en días laborables, das 11.30 ás 14.45 horas, ó seguinte número (981) 57 08 00 (Ext. 229), ou ben consultando a lista de admitidos que se expoñerá no taboleiro de anuncios da EGAP 24 horas despois do remate do prazo de presentación de solicitudes.

6. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorran asiduamente a elas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

7067