Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.247

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/1558/95, interposto por María Begoña López Villaverde e outros.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 1/1558/95, interposto por María Begona López Villaverde e outros contra a resolución deste centro directivo do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se lles empraza para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

7263