Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.236

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1995 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Condor Vacaciones, S.A., sito na rúa Galeras, 17, planta 2, oficina 1 de Santiago de Compostela.

Visto o expediente instruído por instancia de Julio Jesús Millán Machín, na súa calidade de representante

legal de Condor Vacaciones, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Santiago de Compostela, na r/ Galeras, 17, pranta 2, oficina 1, da axencia de viaxes Condor Vacaciones, S.A., que ten a súa casa central en Madrid, na r/ Alcalá, 235.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude presentou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento de axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, sito en Santiago de Compostela, na r/ Galeras, 17, pranta 2, oficina 1, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta secretaría xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Condor Vacaciones, S.A., co código de identificación CIG MA 16 M, sita en Madrid, na r/ Alcalá, 235, da que é representante Julio Jesús Millán Machín, a apertura dun novo establecemento en Santiago de Compostela, na rúa Galeras, 17, pranta 2, oficina 1, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous mess contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

9507056