Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.236

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de outubro de 1995 pola que se fixan os prezos de venda ó público de publicacións editadas pola Xunta de Galicia.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

Primeiro.-Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións que se relacionan no anexo.

Segundo.-Estes prezos entenderanse, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

-Derrota y muerte de Sir Francis Drake: 1.500 ptas.

-Aves de la isla de Cuba: 3.500 ptas.

95-7084