Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.237

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 outubro de 1995 pola que se modifica a autorización das especialidades que se imparten no Instituto de Formación Profesional do Porriño.

A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 14 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios de Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, recoñeceulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado.

Na súa virtude, visto o Decreto 232/1994, do 14 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vistos os informes da Delegación Provincial de Pontevedra, da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos e por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,

DISPOÑO:

Autoriza-la especialidade de comercial da rama administrativa e comercial e a supresión da especialidade de administrativo da dita rama, no IFP do Porriño.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-7057