Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 31 outubro 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das obras de repoboación forestal no monte Valgrande e Pé Esquerdo, no termo municipal de Ponte-Caldelas, e outra máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da execución das repoboacións forestais que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso. O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratista serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 5 de decembro de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 11 de decembro de 1995, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1. Repoboación forestal en monte Valgrande e Pé Esquerdo en termo municipal de Ponte-Caldelas (4429). (Nº 343).

Orzamento: 18.538.824 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: categoría B, grupo K, subgrupo 6.

2. Repoboación forestal en monte Carabelote e outros en termo municipal de Ortigueira (1505). (Nº 344).

Orzamento:16.674.127 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: categoría B, grupo K, subgrupo 6.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1995.

P. D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

6866