Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso aberto e procedemento de urxencia de dúas asistencias técnicas (claves: 52152114, 52117120).

A Delegación de Agricultura, Gandería e Montes en Pontevedra anuncia a contratación mediante concurso aberto, polo procedemento de urxencia, das asistencias técnicas seguintes:

1ª) Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Liripio (A Estrada-Pontevedra).

Clave: 52117120.

Orzamento: 5.940.321 ptas.

Prazo de execución: 8 meses.

Fianzas esixidas (1):

Provisional (2%): 118.806 ptas.

Definitiva (4%): 237.613 ptas.

Clasificación do contratista: non é necesaria.

2ª) Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o levantamento de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de Monte de Cira (Silleda-Pontevedra).

Clave: 52152114.

Orzamento: 4.001.062 ptas.

Prazo de execución: 8 meses.

Fianzas esixidas (1):

Provisional (2%): 80.021 ptas.

Definitiva (4%): 160.042 ptas.

Clasificación do contratista: non é necesaria.

(1) A fianza provisional non é necesaria se a empresa está clasificada.

Documentos de interese para os licitadores: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación sitos na rúa Benito Corbal, 47 de Pontevedra.

Modelo de proposicións: as proposicións económicas formalizaranse estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados, segundo especifica o prego de

cláusulas administrativas particulares, no rexistro da delegación , en man, ou enviaranse por correo ó Servicio de Contratación desta delegación (rúa Benito Corbal 47, Pontevedra), coas formalidades que determina o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, modificado polo Real decreto 2528/1986, no prazo de admisión, que rematará ás doce horas do décimo quinto día hábil, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás dez horas do décimo día hábil, que non cadre en sábado, a partir do derradeiro día de presentación de proposicións nas oficinas desta delegación provincial.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Pagamento do anuncio: o importe da publicación deste anuncio correrá por conta dos respectivos adxudicatarios das mencionadas obras.

Pontevedra, 26 de outubro de 1995.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

95-07252