Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 28 de xuño de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais e Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 316 de clasificación do monte «Liñares», pertencente ó lugar de Liñares, parroquia de Maroñas, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente nº 316 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte «Liñares».

Comunidade: Liñares.

Parroquia: Maroñas.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 17 Ha.

Lindeiros: é parte do monte «Santa Mariña», nº 103-L do CUP.

Norte: desde o piquete nº 76, seguindo a orde de piquetes ata o nº 78 do deslinde do monte «Santa Mariña», con propiedades particulares de veciños de Liñares.

Leste: desde o piquete nº 78 ó nº 83 con propiedades particulares de veciños de Liñares. Do nº 83 ó 85 coa estrada de Sta. Comba a Muros.

Sur: desde o piquete nº 85 ó nº 92 con propiedades particulares dos veciños de Corbeira, na parroquia de Eirón.

Oeste: desde o piquete nº 92 ó nº 96, con propiedades particulares dos veciños de Foxas, polo camiño que vai desde Foxas de Abaixo ata a estrada de Sta. Comba a Muros. Desde o piquete nº 96 ó nº 76 co mesmo monte Sta. Mariña dos veciños de Foxas, seguindo o camiño anteriormente citado.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, de data 28 de xuño de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común de 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por medio do presente faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, o obxecto de que, de acordo co previsto no Art. 23 do Regulamento de 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada Lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó de publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións estimen oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación co monte, achegando, se é o

caso, a documentación que estimen conveniente ó respecto.

A Coruña, 28 de xuño de 1995.

Ramón Olano Calleja

Instructor

Manuel Puente Araújo

Secretario

95-07220