Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.216

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1995, do Servicio Galego de Saúde, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 18 de maio de 1995.

Por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 10 de outubro de 1995 (DOG nº 200, do 18 de outubro), nomeáronse os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 18 de maio de 1995.

O apartado 6 da base quinta da convocatoria dispón que a autoridade convocante ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se nomeen os novos membros dos tribunais que teñan que substituí-los que perderon a súa condición por algunha das causas previstas no apartado 5 da mesma base así como os substitutos daqueles, producíndose deste xeito unha nova composición deles.

Por todo isto, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la Resolución do 10 de outubro de 1995 pola que se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías do persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocadas por Resolución do 18 de maio de 1995, nos termos que aparecen reflectidos nos anexos da presente resolución.

Segundo.-A presente resolución producirá efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

TRIBUNAL DA CATEGORÍA DE AUXILIARES DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA

Membros titulares:

A vocal titular Mª Teresa Carrera López é substituída por Socorro Vázquez Yáñez, auxiliar administrativa con destino no Hospital Meixoeiro de Vigo.

Membros suplentes:

Os membros suplentes Arturo Miguel Hermida Paredes e Constantino Carreiras Souto son substituídos polos seguintes:

Francisco Javier Patiño Patón, xefe de sección de Persoal Funcionario da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas.

Andrés Castro Bande, xefe de sección de Réxime Xurídico da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas.

ANEXO II

TRIBUNAL DA CATEGORÍA DE CELADOR

Membros titulares:

O presidente titular Alberto Núñez Feijoo é substituído polo presidente suplente Carlos Negreira Souto.

Membros suplentes:

Noméase presidente suplente a Francisco Villar García-Moreno, director xeral de Saúde Pública do Sergas.

ANEXO III

TRIBUNAL DA CATEGORÍA DE PINCHE

Membros titulares:

O presidente titular Carlos Negreira Souto é substituído polo vocal titular Valeriano Martínez García.

Á súa vez, este último e Domitila Alonso Alonso son substituídos polos seguintes:

Mercedes Pazos Gil, subdirectora de Xestión do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Flora Rodríguez Conde, pinche do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Membros suplentes:

A vocal Mercedes Pazos Gil é substituída por Rodrigo López Asorey, xefe de sección de Reclamacións e Recursos da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

95-7201