Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.217

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1995 da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de auxiliar de enfermería, grupo auxiliar da función administrativa, celador e pinche de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 18 de maio de 1995.

Por resolución deste centro directivo do 20 de setembro de 1995 (DOG nº 185, do 26 de setembro), decláranse con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de auxiliar de enfermería, grupo auxiliar da función administrativa, celador e pinche de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 18 de maio de 1995.

Rematado o prazo previsto na dita resolución para enmendar, se fose o caso, o defecto que motivou a exclusión dos aspirantes, procede agora, de conformidade co disposto nos apartados 4 e 6 da base cuarta da convocatoria, dictar resolución na que se publican

as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para cada unha das categorías convocadas e se sinalan os lugares onde elas poden ser examinadas e incorporando ás ditas listas definitivas a sede asignada a cada aspirante pola Administración para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

Por todo isto, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Publica-las listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de auxiliar de enfermería, grupo auxiliar da función administrativa, celador e pinche de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 18 de maio de 1995.

Segundo.-De conformidade co disposto no apartado 4 da base cuarta da convocatoria a estimación ou, se é o caso, a desestimación das peticións de emenda dos listados provisionais de admitidos e excluídos entenderánse implícitas na presente resolución.

Terceiro.-Igualmente, de conformidade co disposto no apartado 6 da dita base cuarta, no listado definitivo de aspirantes admitidos inclúese a sede asignada pola Administración para a realización do primeiro execicio da fase de oposición naquelas categorías nas que, en atención ó número de aspirantes e á dispoñibilidade de lugares para a súa realización resulta necesario establece-la oportuna distribución territorial.

Cuarto.-Contra a dita asignación de sede non caberá reclamación ningunha de conformidade co establecido na convocatoria.

Quinto.-Os listados coa relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos e as sedes asignadas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición poderán examinarse nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Na oficina de información ó cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

d) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

f) Nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servicio Galego de Saúde.

g) Nos servicios de persoal das administracións das xerencias de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.

h) Na Casa de Galicia en Madrid sita na rúa Casado de Alisal, número 8.

Sexto.-Dende o día da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 28 de

novembro de 1995 e co obxecto de que os interesados soliciten as aclaracións que sexan necesarias en relación co contido da presente resolución, existirá un teléfono de información número 902-239653 entre as 16 e as 19 horas de luns a venres.

Sétimo.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no apartado 2 da base décima da resolución do 18 de maio de 1995.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

95-692