Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.215

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1995 pola que se fai público o acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, que resolve o proceso selectivo convocado por acordo dela, do 20 de xuño de 1995, para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino doce postos de traballo de auxiliares administrativos, (grupo D) vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Convocado proceso selectivo para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino doce postos de traballo de auxiliares administrativos (grupo D) vacantes

no Consello de Contas de Galicia e publicado no DOG nº 120, do 23-6-1995, (corrección de erros DOG nº 123, do 28-6-1995), a Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 2 de outubro de 1995 acordou de conformidade co previsto nas bases da convocatoria,

RESOLVER:

1.-Nomear persoal interino do grupo D do Consello de Contas de Galicia os doce aspirantes seleccionados que acadaron maior puntuación segundo a proposta formulada polo tribunal cualificador dos méritos previstos nas bases da convocatoria e que se relacionan no anexo da presente resolución.

2.-Facer pública no taboleiro de anuncios deste consello de contas a relación completa de aspirantes admitidos no proceso selectivo con expresión das puntuacións obtidas por cada un deles.

3.-No prazo máximo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, os seleccionados deberán presentar neste consello a documentación que se indica na base IX da convocatoria deste proceso selectivo. Se no citado prazo estes non presentan a documentación ou o fan de forma incompleta, perderán tódolos seus dereitos, agás por causa de forza maior.

4.-Contra o referido acordo da Comisión de Goberno cabe interpor recurso ordinario perante o Pleno do Consello de Contas de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1995.

Carlos G. Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Nº ordeApelidos e nomeDNIPuntuación

1Fernández Martínez, María33.256.23914,75
2Fernández Martínez, J. Javier33.287.18514,65
3Correcher González, Consuelo20.760.11114,50
4Barreiro Lence, Consuelo33.287.29114,30
5Sousa Rodríguez, Emilia33.2356.63814,30
6Fernández Ferreiro, Mª Eugenia33.197.13913,90
7Fernández Pazos, Mª Pilar33.297.50313,65
8Martínez de la Escalera Pérez, Mª José33.238.37813,65
9Pérez Pardo, Ángeles33.261.69713,35
10Cernadas Meijide, Jesusa32.814.88613,05
11Naveiro Suárez, Mª Pilar78.783.59112,60
12Delgado Varela, Mª José33.250.97111,75

9507200