Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.213

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Harinas del Atlántico, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo Harinas del Atlántico, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-10-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 6-9-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Adminis

tración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de outubro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo de ámbito de la empresa Harinas del Atlántico, S.A. Hadasa

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación á totalidade dos traballadores e traballadoras que presten os seus servicios na empresa Hadasa sita en Ribeiriña, s/n, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, así como a tódolos que ingresen na empresa durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio colectivo, terá unha duración de doce meses; entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1995. Durante a súa vixencia, non poderá ser afectado polo disposto en convenio de ámbito distinto, todo iso ó abeiro de canto prevén o artigo 84 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aprobou o Estatutos dos traballadores.

Artigo 3º.-Prórroga.

Ó cumpri-la data do seu vencemento, este convenio colectivo prorrógase tacitamente de ano en ano, de non mediar denuncia por calquera das partes, cunha antelación mínima de un mes á data do seu vencemento. En todo caso, estará en vigor mentres non sexa substituído por un novo convenio asinado polas partes.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións personais máis beneficiosas cás acordadas neste convenio; e manterase o dito respecto en forma estrictamente ad personam.

Artigo 5º.-Retribucións.

De salarios base establecidos neste convenio son os que se achegan na táboa salarial anexa.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Os aumentos por antigüidade ó servicio da empresa, quedan constituídos por dous trienios aboados ó 5% e quinquenios ó 10% calculados en todo caso sobre o salario base de cada categoría profesional.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores da empresa percibirán dúas gratificacións o ano, que se chamarán de verán e de Nadal. As ditas gratificacións percibiranse os días 25 de xullo e decembro respectivamente; a contía será de unha mensualidade de salario base, incrementada coa antigüidade correspondente.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

Tódolos traballadores da empresa percibirán en concepto de beneficios, dentro do primeiro trimestre do ano, a cantidade correspondente a 25 días de salario base incrementada coa antigüidade en cada caso.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias que se fagan pagaranse coas seguintes recargas:

-85%, as feitas en días laborables.

-160%, as feitas en domingos, festivos e despois das vintedúas horas.

Para calcula-lo valor das horas extraordinarias recorrerase á seguinte fórmula: salario hora individual= salario mensualx14,76 pagas+antigüidade ano: 1.800 horas.

O salario hora que resulte servirá de base para determina-lo importe das horas extraordinarias.

Artigo 10º.-Horas extras estructurais.

Polas especiais circunstancias que concorren nas actividades desta empresa, que ten que transformar artigos perecedoiros, as partes recoñecen a necesidade ineludible, de traballar un número de horas extraordinarias en relación co artigo 25 da Lei 8/1980, do 10 de marzo.

Estas horas extraordinarias traballadas terán a consideración de estructurais, de acordo co estipulado no artigo 7 do Real decreto 82/1979, do 19 de xaneiro e Real decreto 1858/1981, do 20 de agosto. De acordo co anteriormente disposto polo representante dos traballadores darase cumprimento ó disposto no artigo 4 da Orde do 1 de marzo de 1983.

Artigo 11º.-Xornada laboral.

A xornada laboral queda fixada en 40 horas semanais, prestadas de luns a venres, en xornada continua con 15 minutos de descanso. En cumprimento do estipulado no apartado cuarto do artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, queda fixado un calendario laboral de 225 días efectivos de traballo, suma á que se chega por exclusión de domingos, sábados, festivos e período vacacional de todo o persoal.

Artigo 12º.-Plus de nocturnidade.

Para as horas traballadas en xornada nocturna (das 22 ás 8 horas), establécese un plus consistente no aboamento do 25% sobre o salario base, incrementado segundo os casos, coa antigüidade correspondente.

Artigo 13º.-Percepcións en caso de ILT.

Os traballadores que sufran enfermidade, percibirán desde o primeiro día e durante o prazo máximo de

un ano, o complmento necesario para que, sumado ás prestacións da Seguridade Social alcancen o 100 por 100 do seu salario. Esta percepción procederá unicamente nos supostos de incapacidade laboral transitoria, que requira hospitalización. Nos supostos os tratamentos haberá que aterse ó establecido no Real decreto 53/1980, do 18 de xaneiro. Nos supostos de ILT derivada de accidente, a empresa completará ata o 100% das indemnizacións que correspondan mentres dure a situación de ILT, requira ou non hospitalización.

De conformidade co estipulado no artigo 20 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, a empresa poderá verificar en todo momento, o estado de enfermidade ou accidente, mediante o persoal facultativo que para estes efectos nomee a empresa.

Toda negativa a este recoñecemento, determinará a suspensión dos dereitos económicos que puidesen existir ó cargo da empresa por estas situacións.

Artigo 14º.-Vacacións.

Tódolos traballadores e traballadoras, desfrutarán dun período de 30 días naturais, retribuídos a salario real. A dirección da empresa elaborará de mutuo acordo co representante dos traballadores un calendario de vacacións, antes do día 30 de marzo, que se exporá no taboleiro de anuncios da empresa, para coñecemento dos traballadores.

Artigo 15º.-Licencias retribuídas.

O persoal da empresa terá dereito a licencias retribuídas nos seguintes casos:

A) Matrimonio do traballador: 16 días naturais.

B) Parto da esposa: 3 días. No suposto de que este teña lugar fóra do domicilio habitual do interesado, aumentarase un día máis.

C) Falecemento do cónxuxe, fillos, pais, pais políticos, e demais familia ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días. Se precisase facer un deprazamento, o total do permiso será de 5 días naturais.

D) Nos demais supostos e casos haberá que aterse ó estipulado no artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 16º.-Traballo da muller.

A muller terá iguais dereitos e obrigas có home. Se a realización de traballos tóxicos, penosos ou perigosos afectase a situación de embarazo ou maternidade, estes serán excluídos.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralle a cada traballador dúas fundas ó ano, cunha duración que se calcula para tal período; entregaránselle-las dúas pezas de roupa no mes de xaneiro. Con tal medida, permitirase que tales pezas de roupa poidan ser sometidas a lavado semanalmente de forma obrigatoria. Ó cabo do ano, os traballadores entregaranlle á empresa as pezas de roupa recibidas no seu día independentemente do seu estado de conservación por seren propidade da patronal.

Artigo 18º.-Póliza de seguro.

A empresa subscribirá un seguro colectivo de vida e invalidez en favor dos seus traballadores, con cobertura de 1.800.000 ptas. para os casos de morte natural ou accidente e de 2.500.000 ptas. para os casos de invalidez.

Artigo 19.-Persoal fixo.

Os traballadores que nun prazo de 10 anos permanecesen na empresa 5 ou máis anos como persoal contratado pasarán automaticamente a fixos do cadro de persoal.

Artigo 20º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, vixilancia, arbitraxe e conciliación do convenio.

Estará constituída por un representante da empresa e un dos traballadores.

Disposicións adicionais

Primeira.-En cumprimento do previsto no artigo 26.5º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aprobou o Estatuto dos traballadores, faise constar:

A) O número de horas de traballo durante a vixencia do convenio será de 1.800 horas de traballo efectivo.

B) Que a remuneración anual dos traballadores, en función das mencionadas horas, é a que segue:

TÁBOA SALARIAL EN CÓMPUTO ANUAL

Categoría profesionalTotal pesetas

Xerente2.937.764
Axudante titulado2.584.142
Xefe administrativo2.584.142
Xefe de producción2.584.142
Contable1.958.509
Oficial administrativo1.813.931
Auxiliar administrativo1.692.503
Encargado1.745.283
Mecánico1.668.909
Chofer1.645.240
Axudante1.627.207
Peón1.589.183
Aprendiz (menor de 18 anos)1.055.029

TÁBOA DE SALARIOS PARA O ANO 1995

Categoría profesional mensualSalario base

mensual

Xerente198.096
Axudante titulado174.251
Xefe administrativo174.251
Xefe de producción174.251
Contable132.064
Oficial administrativo122.319
Auxiliar administrativo114.127
Encargado117.686
Mecánico112.536
Oficial110.940
Chofer110.940

Categoría profesional mensualSalario base

mensual

Axudante109.724
Peón107.160
Aprendiz (menor de 18 anos) 72.241

Segunda.-Os salarios establecidos na táboa salarial serán revisados se o IPC o 31 de decembro de 1995 supera un incremento do 4,40% respecto ó 31 de decembro de 1994. Este incremento aplicarase con carácter retroactivo desde o un de xaneiro de 1995.

Terceira.-Lexislación supletoria.

En todo o non estipulado neste convenio colectivo, haberá que aterse ó que determinen as disposicións laborais en vigor e en especial o Estatuto dos traballadores.

Composición da comisión paritaria.

En representación da empresa: Álvaro Viéitez Davila.

En representación dos traballadores: Miguel Lorenzo Hermo.

7207