Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1995, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia a contratación da subministración dun equipo odontolóxico e accesorios con destino ó centro de saude do Barco del Valdeorras, polo procedemento aberto mediante concurso público. (C.P. 4/95).

A xerencia de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público polo procedemento aberto para a subministración dun equipo odontolóxico, accesorios e obra civil necesaria para a súa instalación.

Orzameto: 3.330.000 ptas. (IVE incluído).

Forma adxudicación: concurso público polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: un mes desde a data da adxudicación.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de claúsulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e a disposición dos interesados na sede da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, sita na rúa Avda. Zamora, 13-3ª andar, tódolos días laborais, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Fianzas: provisional, non se exise. Definitiva, será do 4% do orzamento de licitación.

Presentación de proposicions: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da xerencia, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envien por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envio na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 64 50, (988) 38 64 51, ou telegrama no mesmo día, de recibirse a oferta pasados 10 días da data de finalización do prazo de presentación, esta non será aceptada.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas, será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado o festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

Documentacion a aportar: serán os documentos que figuran no prego de claúsulas administrativas particulares.

A solvencia económica e financeira acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase por:

-Mostras, descricións e fotografías dos productos que hai que subministrar.

-Descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

Variantes: admitiranse unicamente no referente á obra civil accesoria á instalación, co obxecto de adecuala ás características concretas da cadeira de brazos e equipo ofertado.

Criterios da adxudicación:

-Características técnicas: ata 4 puntos.

-Servicio técnico e mantemento: ata 3 puntos.

-Prezo: ata 2 puntos.

-Prazo de entrega: ata 1 punto.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrán por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 2 de outubro de 1995.

Rosendo L. Fernández Fernández

Director xerente de Atención Primaria de Ourense

95-6818