Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA de notificación do 17 de outubro de 1995 para que se notifica a Pedro Manzano Romero o requirimento de resolución de contrato subscrito por el e o Instituto Nacional da Vivenda, por resultar descoñecido o seu paradoiro.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 de 26 do novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a resolución do contrato de promesa de compravenda da vivenda sita na rúa Alexandre Bóveda, bloque 9º, nº 17, 1ºA, sen que por parte do notificado se poida enerva-la resolución, unha vez intentado o requirimento por medio de acta notarial nos termos do artigo 1504 do Código Civil, e de conformidade co establecido na estipulación III do contrato subscrito entre o Instituto Nacional de Vivenda e Pedro Manzano Romero o 15 de decembro de 1980 na Coruña.

Santiago de Compostela, dezasete de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

95-07030