Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.136

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (364/1991).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario xudicial da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias deste xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de menor contía 364/1991, que no seu encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

En Santiago de Compostela o cinco de decembro de mil novecentos noventa e un.

Vistos os autos civís de menor contía seguidos neste xulgado co número 364/1991, a pedimento de Carmen Varela Asorey, maior de idade, casada, sen profesión especial, veciña de Calo-Teo, representada polo procurador García Boado, baixo a dirección técnica do letrado Pardal Castro, contra Bernardo Benito Saavedra Seoane, maior de idade, casado, industrial, veciño desta cidade, con domicilio na rúa Curros Enríquez nº 9-4, en situación procesual de rebeldía, e contra Benito José Saavedra Pita, maior de idade, casado, industrial, veciño de Santiago de Compostela, con domicilio na rúa Torreira, nº 37-12, en situación procesual de rebeldía, versando os autos sobre reclamación de cantidade; pronuncio esta sentencia, que

baseo nos antecedentes de feito e fundamentos xurídicos que seguen:

Decido:

Que con admisión da demanda rectora dos presentes autos formulada polo procurador Manuel García Boado, en nome e representación de Carmen Varela Asorey, debo condenar e condeno os demandados Bernardo Benito Saavedra e Benito José Saavedra Seoane a aboarlle á dita demandante a cantidade dun millón novecentas mil pesetas- 1.900.000 ptas.- cos xuros legais desde o día un de outubro de 1990, mailos xuros do artigo 921 da Lei de axuízamento civil, desde a data da presente cédula e impóñolle-las custas ós citados demandados.

Esta sentencia non é firme e contra ela pode interporse recurso de apelación no prazo de cinco días perante este xulgado e perante a Audiencia Provincial,

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lles sirva de notificación en forma ós demandados Bernardo Benito Saavedra e Benito José Saavedra Pita, en situación procesual de rebeldía, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

7039