Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.136

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (334/1995).

Que nos presentes autos de separación conxugal, número 334/1995, promovidos por Josefa Vidal Lustres contra Manuel González Crujeiras, se dictou a resolución seguinte:

Proposta de providencia

Secretario/a Sr/a Ojea Muñiz.

En Ribeira o tres de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Dada conta; Por presentada a anterior demanda cos documentos que a acompañan e copias preceptivas ás que se lles dará o seu destino legal, fórmense os oportunos autos que se rexistrarán cos da súa clase.

Admítese a trámite a demanda de separación conxugal 334/1995 que se insta, a que se instruirá segundo as normas procesuais que lle son propias; e confíraselle traslado ó demandado Manuel González Crujeiras para que, no improrrogable prazo de vinte días, compareza en autos, conteste a demanda e formule, se é o caso, reconvención baixo apercibimento de que, se non o verificase, será declarado en rebeldía e recaerán sobre el os demais prexuízos que sinala a lei. E expido para tal fin oportuno edicto no Diario Oficial de Galicia, dado que se atopa en paradoiro descoñecido.

Tense por comparecido e parte, na representación de Josefa Vidal Lustres, o procurador Sr. Linares Martínez, segundo acredita coa oportuna copia do poder, con quen se entenderán as sucesivas dilixencias na forma que determina a lei.

Emprácese o Ministerio Fiscal dada a existencia de fillos menores.

Así o propoño e asino.

Conforme: O/A xuíz/a.

Ante min.

E para que lle sirva de emprazamento en legal forma para tódolos fins e termos legais a Manuel González Crujeiras, con DNI 33.216.057, expido e asino o presente en Ribeira o tres de outubro de mil novecentos noventa e cinco .

O/a secretario/a

Rubricado.

6854