Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.132

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Compañía Española de Algas Marinas, S.A. (Ceamsa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Compañía Española de Algas Marinas, S.A. (Ceamsa), tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-9-1995, subscrito, en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data

22-8-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que existe nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de setembro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

Artigo 1º

O presente convenio aplicarase no centro de traballo da empresa Compañía Española de Algas Marinas, S.A. (Cemsa), situada no Porriño (Pontevedra) e por extensión en calquera lugar onde o persoal obreiro da empresa traballe para ela, afectando os seus servicios na actualidade.

Artigo 2º

A duración do presente convenio será de 1 ano, é dicir, desde o 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995, e non poderá ser afectado durante a súa vixencia polo disposto en convenios de ámbito distinto, e considerarase tacitamente prorrogado por períodos anuais, agás que se denuncie por calquera das partes, cando menos con tres meses de antelación á data do seu vencemento, dando traslado da súa denuncia á outra parte.

Artigo 3º.

A organización do traballo é facultade da empresa.

Artigo 4º

A xornada laboral para o ano 1995 consistirá en 1.780 horas de traballo efectivo anual, que se efectuará en réxime de quendas rotativas, de mañá, tarde e noite, mañá de 6 a 14 horas, tarde de 14 a 22 horas e noite de 22 a 6 horas, por necesidades técnicas de fabricación da empresa, de forma que se produza a continuidade na producción; a súa rotación realizarase de acordo co cadro de quendas anexo ó convenio, de forma que a fábrica traballará os 365 días do ano.

A xornada de traballo queda, pois, invariable, pactándose que a partir do 1 de xaneiro de 1995 será de 1.780 horas anuais efectivas.

Establécese media hora de descanso para o bocadillo que se desfrutará intermitentemente, de xeito que non

se desatenda o proceso de fabricación e de acordo co encargado de cada quenda, entre as nove e as dez horas da quenda da mañá, entre as dezasete trinta e dezaoito trinta no da tarde e de unha e media a dúas e media na quenda de noite, considerándose como tempo de presencia e non efectivo de traballo.

Artigo 5º.-Vacacións.

Durante o ano 1995 os traballadores xa desfrutaron das súas vacacións regulamentarias.

Para o ano 1996 establécese unha vacación anual especificada na quenda de vacacións reflectida no cadro anexo ó convenio.

Artigo 6º

A empresa facilitaralle ó persoal obreiro anualmente dúas pezas de roupa consistentes en dúas fundas para o traballo.

Artigo 7º.-Condicións económicas.

Para o ano 1995 o incremento aprobado para o presente convenio é do 3,5% e o seu importe faise constar na táboa de salarios anuais por categorías adxunta.

Os atrasos do convenio con efectos do 1 de xaneiro de 1995, aboaranse exclusivamente respecto ós meses traballados.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Establécese o valor de 13.050 pesetas ano o trienio e 26.100 pesetas ano o quinquenio, quedando conxelada a súa contía para o futuro, seguindo a súa natural evolución os trienios e quinquenios (2 trienios e 5 quinquenios).

Artigo 9º.-Toxicidade, penosidade e perigosidade.

Por este concepto establécese un complemento salarial consistente en 217 ptas. por cada día traballado.

Artigo 10º.-Nocturnidade.

Establécese un concepto de nocturnidade consistente en 543 ptas. por cada noite traballada.

Artigo 11º.-Por quendas.

Os traballadores sometidos a réxime de quendas percibirán 217 ptas. por día (365 días ó ano).

Os traballadores sometidos a quendas cando coincidan máis dunha quenda, segundo o cadro anexo, realizarán os traballos que se lles encomenden.

Artigo 12º

Os traballadores ós que lles corresponda traballar entre as 22 horas do 24 de decembro e as 22 horas do 25 de decembro e as 22 horas do 31 de decembro e 22 horas do 1 de xaneiro, percibirán un complemento de 2.000 ptas. por cada día.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias que sexa necesario realizar na empresa polos seus traballadores, consideraranse

como estructurais e os valores serán os que se especifican segundo as categorías na táboa salarial anexa.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécese para o ano 1995 unha gratificación extraordianria en xullo dunha mensualidade, e outra en decembro da mesma contía e outra de media mensualidade de beneficios; esta última devenagrase no mes de marzo do ano seguinte.

As mensualidades calcularanse e extraeranse dividindo o salario profesional anual entre 14 1/2.

O cálculo das pagas de decembro e beneficios 1995, será proporcional ás retribucións pactadas dos dous períodos especificados no artigo 7 do convenio.

Artigo 15º

Calquera disposición legal ou convencional, ou norma de obrigado cumprimento que puidese afectar á empresa Ceamsa e que establecese condicións económicas illadas superiores ás aquí pactadas, serán absorbidas e compensadas en cómputo anual coas melloras aquí reflectidas.

Artigo 16º

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico indivisible e para efectos da súa aplicación deben ser considerados globalmente.

Artigo 17º

En todo o non previsto no presente convenio observarase o disposto nas disposicións xerais vixentes.

Artigo 18º

Desígnase unha comisión paritaria composta por dous delegados de persoal e dous representantes da empresa, que ostentará a representación das partes negociadoras para entender en cantas dúbidas xurdan na interpretación e aplicación do presente convenio e se na primeira reunión non existise acordo adoptado por maioría, será a xurisdicción competente a que resolverá.

Artigo 19º

Participaron na negociación do presente convenio as seguintes persoas, en representación da empresa Ceamsa o seu director xerente, Ignacio Alzueta Amunarriz, en representación dos traballadores os delegados de persoal Manuel Blanco Leiros por UCT, Miguel Soutelo Barbosa por CC.OO. e Enrique Leiros Carrera por UGT.

Táboa de salarios anuais por categorías

CategoríaSalario

ano

Tóxico

día

Quendas

día

Noite

día

Horas

extras

Encargados2.083.459217217543938
Oficiais1.874.066217217543938
Especialistas1.530.947217217543761
Peóns1.417.209217217543761

9507103