Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1995 pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración de equipos informáticos para a sección de biblioteca e documentación do Parlamento de Galicia.

En execución do acordo adoptado pola Mesa do Parlamento de Galicia en reunión celebrada o día 26 de outubro e de conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratación das administracións públicas, esta presidencia presta a súa aprobación ó seguinte anuncio:

Obxecto do contrato.

É a adxudicación da subministración e instalación dos equipos informáticos para a sección de biblioteca e documentación do Parlamento de Galicia coas características técnicas e especificacións contidas na cláusula II do prego de cláusulas administrativas particulares e prescripcións técnicas publicada no BOPG núm. 336, do 18 de outubro.

Orzamento.

O prezo máximo de licitación fíxase en nove millóns cen mil (9.100.000) pesetas, IVE incluído.

Os prezos non serán susceptibles de modificación, calquera que fose a causa, sinalándose o de cada máquina ou dispositivo principal ou accesorio dentro do global da oferta, na que se considerarán incluídos tódolos datos precisos ata a instalación do material no lugar designado pola Administración e a súa posta

en funcionamento, así como os impostos e os gravames de carácter fiscal.

Órgano de contratación.

O contrato será adxudicado polo Mesa do Parlamento de Galicia con sede no Pazo do Parlamento de Galicia na cidade de Santiago de Compostela.

Procedemento e forma de adxudicación.

Dentro do procedemento aberto a forma de adxudicación seleccionada é o concurso público.

Lugar e prazo de entrega.

Os equipos informáticos instalaranse na unidade de biblioteca e documentación na sede do Parlamento de Galicia e o prazo máximo para a súa entrega e posta en funcionamento non será superior a tres meses contados a partir do día seguinte ó da adxudicación do contrato.

Licitadores.

Poderán presenta-las súas ofertas as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar, non se atopen incursas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Presentación das ofertas.

As ofertas redactaranse facendo referencia expresa ás características da subministración subliñadas do prego de cláusulas administrativas particulares e de prescripcións técnicas, tendo en conta o disposto de xeito concreto nas cláusulas II e III. As ofertas presentaranse en tres sobres pechados, lacrados e asinados nos que figure o nome da empresa ofertante e o concurso referenciado.

O primeiro sobre marcado coa letra A conterá a documentación que acredite a personalidade dos licitadores ou do seu representante legal así como os demais documentos complementarios fixados na cláusula IV.3.

O segundo sobre coa letra B conterá a proposición económica na que se detallarán as esixencias contidas na cláusula III especificando os prezos unitarios así como os estudios de análise realizados polos ofertantes como base para propoñe-la configuración ofrecida.

O terceiro sobre marcado coa letra C conterá os manuais de actualización e de información xeral relacionados cos sistemas ofrecidos e coas especificacións sinaladas na cláusula IV . 5, 6 e 7.

Garantías.

A fianza provisional fíxase no 2% do orzamento do contrato e a definitiva no 4% do prezo de adxudicación e poderán constiuírse en efectivo, en títulos de débeda pública ou en aval bancario, de conformidade co disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, nos servicios económicos de Parlamento de Galicia.

Lugar e prazo de presentación das proposicións.

Presentaranse no Rexistro do Parlamento de Galicia dentro dos 26 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia entre as

9.30 horas e as 14 horas e entre as 16.30 e as 18.30 horas de luns a venres, e os sábados entre as 10 e as 13 horas.

Apertura de proposicións.

O acto público de apertura do sobre B, que contén a proposición económica, farase ante a mesa de contratación o sexto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións ás 12 horas, na sede do Parlamento de Galicia.

Criterios para a adxudicación.

Son os relacionados na cláusula administrativa particular V.

Publicación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicáronse íntegros no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 336, do 18 de outubro e atópanse á disposición dos interesados no Rexistro Xeral de Parlamento de Galicia.

Para calquera información complementaria que se demande, poderán dirixirse ó Parlamento de Galicia a través de:

-Telefax: (981) 57.10.41

-Teléfono: (981) 56.16.00 Ext. 253

Réxime xurídico.

Ademais das normas contidas nos referidos pregos, observarase o disposto na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratación das administracións públicas e no Regulamento xeral de contratación e do Decreto 2572/1973, do 5 de outubro no que non resulten contrarios a aquelas disposicións.

As cuestións litixiosas xurdidas durante a execución do contrato resolveranse vía administrativa ante a Mesa do Parlamento de Galicia e, se é o caso, en vía contencioso administrativa ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

6804