Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación do servicio de limpeza das instalacións da sede da delegación provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra.

Obxecto: servicio de limpeza das instalacións de sede da Delegación Provincial deo IGVS en Pontevedra.

Orzamento: seis millóns cen mil pesetas (6.100.000), IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) anos.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 244.000 ptas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexe

rán nesta contratación, estarán a disposición dos interesados, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (Polígono de Fontiñas, Área Central, s/n. Santiago de Compostela).

Presentación de propostas: as proposicións presentaranse no antedito rexistro antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da públicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama no mesmo día.

Apertura de propostas: a apertura das propostas admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás once (11) horas no terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincide en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 1995.

José Antonio Redondo López

Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo

7123