Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 25 outubro de 1995 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a contratación do proxecto de obras de reparación do Museo Arqueolóxico e Arquivo Histórico de Ourense.

A Consellería de Cultura, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu

anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a obra que se cita:

-Proxecto das obras de reparación do Museo Arqueolóxico e Arquivo Histórico de Ourense.

Orzamento de licitación: 8.472.581 ptas. (oito millóns catrocentas setenta e dúas mil cincocentas oitenta e unha pesetas).

Prazo de execución: corenta e cinco (45) días.

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

Exposición do proxecto: o proxecto e prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposiciónsc, de 10 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación as 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o imnmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1995.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

6869