Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na súa sesión con data 28 de setembro do ano que andamos, acordou aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual das normas subsidarias do planeamento do concello de Cambre na travesía CP-1704, Cambre-Carral, o que se fai público para xeral coñecemento.

O expediente sométese a información pública polo prazo de un mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP y nun dos xornais de maior ciruclación da provincia, de conformidade co establecido nos artigos 128 e 114.1 do texto refundido da lei do solo.

Durante este prazo poderáse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderase consultar na unidade xurídica de urbanismo e personal deste concello.

Cambre, 13 de outubro de 1995.

O alcalde

6798