Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 133-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: modificado I ó proxecto L.M.T., C.T. e R.B.T. en Xoane-Carcacia.

Situación: Padrón (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 532 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Carcacia (Expte. 7286) e remata no C.T., que se vai construír tipo aéreo de 100 kVA no lugar de Xoane-Carcacia e a súa rede de baixa tensión. Concello de Padrón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de outubro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9506788