Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 111-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en edif. prefabricado no Sino.

Situación: Santa Marína-Ferrol (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. subterrána a 15720 kV en dobre circuíto, de 212 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x240 mm Al) que parte da L.M.T. Sta. Mariña-Xubia (Expte. 18.264) e remata no C.T. que se vai construir tipo prefabricado de 650 kVA no Sino. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de outubro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6931