Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a petición de aprobación do plan eólico estratéxico que se cita, por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, ábrese información pública sobre o seguinte plan eólico estratéxico:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Obxecto da petición: aprobación dun plan eólico estratéxico.

Durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte a esta publicación, poderán presentarse solicitudes en competencia de acordo co artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6938