Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.088

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 outubro de 1995 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001328/1995, interposto pola Mesa pola Normalización Lingüística contra a resolución do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria do 6 de xuño de 1995.

Comunícase, para coñecemento xeral, que con esta data se lle remite ó presidente da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente reclamado por ela en relación co recurso contencioso-administrativo interposto pola Mesa pola Normalización Lingüística contra a resolución do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria do 6 de xuño de 1995, de denegación dunha subvención (Orde do 10 de xaneiro de 1995), co fin de que poidan comparecer perante o devandito tribunal, no prazo de nove días, cantos aparezan coma interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

9506994