Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.087

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se autoriza a impartición experimental de programas de garantía social durante o curso 1995-1996 ós centros que no anexo se relacionan.

Na Orde do 11 de abril de 1995 (DOG do 25 de maio), díctanse as normas para a regulación de programas de garantía social durante o curso 1995-1996, con carácter experimental, en centros públicos e privados homologados de formación profesional de Galicia.

Tendo en conta o establecido na dita orde e o informe da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autorizar, para o curso escolar 1995-1996, a impartición de programas de garantía social ós centros que figuran no anexo, coa correspondente denominación das ensinanzas.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1995.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO

CENTROS PÚBLICOS

I.F.P. Someso (A Coruña).

Introducción á reparación de vehículos.

Introducción á perruquería.

Introducción ás máquinas e ferramentas.

Introducción á fontanería.

Introducción á carpintería.

I.F.P. de Cee.

Introducción á reparación de vehículos.

Introducción á electricidade.

CECA de Guísamo (Bergondo).

Introducción ás explotacións agropecuarias.

IES Curtis-Estación (Curtis).

Introducción á electricidade.

I.P.F.P. de Lugo (Lugo).

Introducción á electricidade.

Introducción á mecánica.

CENTROS PRIVADOS HOMOLOGADOS

Centro Divino Maestro (A Pobra do Caramiñal).

Introducción ás técnicas administrativas.

Centro San Miguel (Vigo).

Introducción ás técnicas administrativas.

Introducción á informática.

Introducción á atención infantil.

Introducción á electrónica.

Centro Daniel Castelao (Vigo).

Introducción á electrónica.

Introducción ás técnicas administrativas.

95-07119